Los desarrollos urbanísticos están amenazando el litoral gallego, y Sanxenxo no es ajeno a la tendencia, ya que está ocurriendo exactamente lo mismo. Por ejemplo, el impacto en el entorno natural de Os Cotos, en A Granxa, es real, y los vecinos consideran una aberración que el Concello permita que una promotora «se cargue un monte» para dar paso a dos complejos de viviendas compuestas de bajo y dos plantas.
Los movimientos de tierra, que se iniciaron hace unas semanas, han modificado la fisonomía del lugar, un enclave natural que respira a escasos metros del mar. «O monte desapareceu», destaca un lugareño. "É unha atrocidade», añade otro.
A pesar de los esfuerzos de la Xunta para proteger el litoral gallego, al igual que sucede en otros municipios costeros, varios desarrollos de Sanxenxo ya han sido aprobados definitivamente o ya están en marcha previo a la llegada de las medidas urgentes adoptadas por el gobierno autonómico, por lo tanto, librándose de la denominada franja de protección de los 500 metros.
Para los vecinos de Os Cotos en particular, y A Granxa en general, la urbanización que se acomete se encuentra en el marco del plan expansivo «de Telmo Martín, que viña salvar Sanxenxo», afirma un funcionario municipal que prefiere no dar su nombre.
«Lo que el gobierno local le está haciendo al municipio es sangrante», apunta el concejal de la formación Veciños Independentes por Sanxenxo (VIPS), José Luis Rodríguez. «Sitios con playas hay muchos, pero el paisaje de Sanxenxo era especial. Ahora está acabando con el entorno y ya dejaremos de ser pronto un municipio turístico», agrega.
A Granxa sufre en la actualidad la construcción de dos polígonos de viviendas, 969 chalés que se levantarán sobre una superficie de algo más de 183.000 metros cuadrados, repartidos en dos bolsas de suelo.
De hecho, Salvemos Pontevedra, un colectivo ecologista, había intentado paralizar el desarrollo de estas y otras urbanizaciones en el litoral. En este sentido, la oposición ha criticado en varias ocasiones a la alcaldesa, Catalina González, por limitar el desarrollo del municipio «a base de planes parciales».
En la actualidad, además de las promociones en marcha, Sanxenxo está tramitando ante la Consellería de Medio Ambiente la construcción de otras 500 viviendas a menos de 500 metros de la costa (Major, Montalvo y Soutullo).
Falta de protección
Por otro lado, VIPS presentó ayer un escrito en el Concello en el que se hace eco de quejas vecinales sobre la falta de seguridad que la obra significa para viandantes y conductores. La formación política alega que la constructora se limitó a instalar una maya que sirve como cierre para la actuación. Los vecinos, de acuerdo con José María Rodríguez, han solicitado que se retire el cierre de nailon, «que a juicio de muchos ciudadanos solo sirve para impedir la visión de un paisaje singular y para tapar las vergüenzas medioambientales que se están cometiendo tras la maya».
jueves 13 de marzo de 2008
domingo 17 de febrero de 2008
Multitudinario manifestación en Santiago
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorioFebreiro 17th, 2008. Por admin en Denuncia, Xeral
Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final.Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe. O ano pasado, o mesmo movemento, denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o lema “Galiza non se vende”. As reivindicacións tiveron como denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno, rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza. Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume; Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera. Durante a lectura do manifesto houbo unha sentida homenaxe a Carmelo Teixeira, recentemente fallecido e fundador do Comité de Emerxencia contra a planta de gas na ría de Ferrol.
MANIFESTO DA CONVOCATORIA
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza, a nosa cualidade de vida, a das xeracións vindeiras e mesmo ó planeta.
O litoral galego está a sufrir un proceso especulativo de urbanización e privatización sen precedentes que destrúe a paisaxe e dana irreversiblemente os nosos recursos pesqueiros e marisqueiros. A artificialización da costa, a erección de pavorosos ecomonstros ao longo do litoral e a continua construción de recheos (que, as máis das veces, constitúen terreo barato para empresas que nada teñen que ver co mar), únense a uns niveis de contaminación nunca até agora rexistrados nas nosas rías e a un Plan de Portos Deportivos absurdo que pretende crear en Galiza máis amarres que os que ten toda a costa oeste de Italia, multiplicando por catro os que existen en Francia por cada quilómetro de litoral: Privatización do que é de todos para disfrute e negocio duns poucos.
Por iso, en Cangas do Morrazo, combativas compañeiras e compañeiros, levan dous anos impedindo coa súa presencia diaria diante das máquinas, as obras dun aberrante porto deportivo e da urbanización correspondente, Bouzas resístese á ampliación do monstruoso recheo, e con loitas similares estamos defendendo a costa de Teis, de Baiona, de Sada, de Cedeira, de Nigrán, de Bueu, de Ortigueira, de Miño, de Pontedeume…
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral para a construción de múltiples e enormes piscifactorías, para proveito de dúas empresas transnacionais.
E aquí estamos para defender Corrubedo, Quilmas, Corcubión, Merexo, Camelle, Arou, Seráns, Oia, e até 20 proxectos máis de destrución.Porque o noso mar, as nosas rías limpas e saneadas, son a mellor e a máis productiva e verdadeira piscifactoría. A que desde sempre foi fonte permanente de riqueza para este pobo, de riqueza socialmente compartida, posto de traballo para miles de homes e mulleres: a pesca e o marisqueo tradicionais e sustentábeis que estas empresas e este abandono ameazan destruír.
Os nosos ríos viven un proceso de degradación e sobre explotación hidroeléctrica que está matando a súa biodiversidade.Nada se aprendeu do terrible accidente de Brenntag que provocou un vertido de graves consecuencias ambientais e sociais no río Umia. Os vertidos ao río Tambre e ao río Sar en Compostela e Rois, ao río Gallo en Cuntis, a macabra celebración do día mundial do medio ambiente co vertido ao río Alvedosa en Redondela, ou o desastre do Xallas causado pola empresa de Villar Mir, son só algúns exemplos.Reclamamos o desmantelamento do encoro de Caldas e a paralización das obras do salto da Hermida en Cuntis polo alto risco sanitario que significan e para unha verdadeira recuperación integral do río Umia
Denunciamos o abandono total do rural.Esiximos políticas non dependentes de axudas, que favorezan aos agricultores e incentiven a produción galega de calidade e a prezos xustos; que prohiban os transxénicos e que rexeiten o “biodiésel” por ser aínda máis contaminante e por someter o rural aos imperativos das transnacionais.
Denunciamos o abandono dos montes pragados de eucaliptos e as políticas que favorecen os lumes. Son víctimas ademais dun desaforado Plano Eólico que non ten en conta áreas de alto valor ecolóxico nin mesmo protexidas.
Defendemos a Serra da Groba, o seu riquísimo patrimonio arqueolóxico e aos seus cabalos salvaxes de pura raza galega que un parque eólico quere destruír. Defendemos a Serra do Xistral, a Serra de Careón e a Serra do Suído… Defendemos os montes para que sigan sendo montes.
Por outra banda en Galiza temos dúas das centrais térmicas máis contaminantes de Europa e exportamos máis do 40% da enerxía eléctrica que aquí se produce, a maioría dela xerada queimando carbón importado de Indonesia. Así aumentamos a nosa pegada ecolóxica e contribuímos como poucos ao cambio climático, ao tempo que ficamos coa choiva aceda, a contaminación e moitos outros males que esas empresas producen.
Todos estes Planos (piscifactorías, portos deportivos, parques eólicos indiscriminados ou campos de golf), non significan ningunha mellora para a cidadanía. Xeran un número ridículo de postos de traballo e a riqueza que producen vai parar só aos petos das grandes empresas, dos grandes capitais, sen repercutir practicamente nada no tecido económico e social do país. Pero si destrúen, degradan e usurpan o que é de todas e todos ou de ninguén: o ambiente, os recursos naturais, a paisaxe e o territorio.E xa non nos tragamos a mentira recorrente dos postos de traballo cando significa crear sete e destruír tres mil
Outro destes Planos da Xunta, o da Minaría, é un triste modelo de espoliación do territorio. Significa a destrución dun dos nosos tesouros naturais máis valiosos e queridos, un tesouro que chegara intacto ata nós: A Serra do Courel.Pero tamén defendemos á Terra Cha e a moitas outras comarcas de Galiza que sufrirían as consecuencias desta depredación.
Un rosario de industrias perigosas segue a espallarse polo país.E se dicimos industria perigosa temos que dicir ben alto: ReganosaReganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo sangrante de temeridade, irresponsabilidade e desprezo pola cidadanía.Ence segue, ano tras ano, contaminando gravemente a Ría de Pontevedra. Agora falan de trasladala ás Pontes, onde tamén queren tapar cun lago artificial a ferida que a central térmica deixou na terra, un lago que porá en perigo ao Eume e ás súas fragas. A celulosa sería o monstro do lago.O proxecto de Parque de Residuos no Ribeiro sinala o rumbo polo que nos queren levar. E a lista podería seguir e seguir. Beneficios para uns poucos e inseguridade, lixo e destrución para tod@s.
O modelo de transporte e de mobilidade que se está a perpetuar e fomentar é o do vehículo privado motorizado diante dun transporte público colectivo actualmente misérrimo, provocando máis emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, fragmentando o territorio e artificializando os solos..A continua construción de autovías e vías de alta capacidade supón un forte impacto no territorio e nunca resolven definitivamente o problema da saturación dun tráfico sempre crecente. E iso sábeno ben os compañeiros e compañeiras de Noia, de Outes, de Redondela, do Morrazo…
Quen vexa o ridículo mapa dos ferrocarrís de Galiza saberá do que estamos falando: Catro raias mal trazadas constitúen toda a nosa “rede ferroviaria”. Lonxe de tentar remedialo, agora queren vendernos o AVE como solución. Un negocio tamén destrutor do territorio, elitista, enerxeticamente insustentábel e que de ningún modo solucionará o problema da vertebración do país.
Por se todo isto fora pouco, os Concellos das nosas vilas e cidades andan a debuxar Planos Xerais de Ordenación que, lonxe de defender o tecido vilegotradicional e mellorar a calidade de vida da cidadanía, consisten en ver quen constrúe e destrúe máis. Un alarde de urbanismo salvaxe que na maioría dos casos pretende duplicar, senón máis, o número de habitantes nun prazo de dez ou quince anos. Pouco ou nada se fala neses planos de servizos, transporte público, carril bici, depuradoras… Construír e destruír a contorna rural é o único lema, sen respectar nin sequera os humedais catalogados pola propia Xunta, nin os cauces dos ríos, nin as praias…

jueves 7 de febrero de 2008
Manifestacion 17 de febrero en Santiago a las 12h
Manifesto
A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor… Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado. Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto. Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras. Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco. Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro. Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.
Terra viva e vida digna para tod@s!
Más información
http://galizanonsevende.org/?page_id=188
"O noso lobo morre no monte. Mentres, uns lobos vidos de fóra, xunto a outros que renegan da nosa propia terra, ouvean polos despachos. Non teñades medo dos primeiros e prantádelle cara a estes últimos."

lunes 21 de enero de 2008
¿Cómo protestar??
Varias son las formas de mostras nuestra disconformidad con las actuaciones que se están llevando a cabo en la mayoría de los municipios costeros gallegos.
Sin lugar a dudas, la forma que "más daño" haría a los alcaldes/esas sería conseguir llamar la atención de los diferentes medios informativos a nivel nacional.
¿ Y cómo conseguirlo??
En mi opinión la forma idónea es a través de la manifestación ciudadana de forma reiterada, como por ejemplo una cada 2 meses y obviamente contar con un apoyo masivo.
Esta método de protesta es complicado de llevarlo a cabo por particulares, sería más propio de asociaciones u organizaciones...entonces...
¿ Qué puedo hacer a título individual??
Una forma interesante de quejarse sería ó "valedor do pobo" de la grave situación que estamos a vivir y ante el gris panorama que se nos presente con los nuevos plante de urbanización masiva.
Las quejas son recogidas y administradas por temas y a su vez presentadas ante el Parlamente gallego. Por ello cuantas más sean más importacia le darán al tema Todos los partidos políticos.
Ésta es la direccíon web do valedor do pobo :
http://www.valedordopobo.com/como_online/index.php
Si todos le dedicamos unos minutos de nuestro tiempo a presentar nuestra queja por lo menos hemos intentado algo a nivel personal de mejorar la actual situación.
Como decía el Che....""El pueblo unido jamás será vencido!!""

sábado 19 de enero de 2008
Os eucaliptos non deixaban ver o mar

A veces unha imaxe vale máis que mil palabras e por iso os que pasamos tódolos días pola Granxa camiño dos nosos postos de traballo agora contemplamos como as vistas cambiaron de súpeto. Cando en medio planeta se esta a falar do cambio climático e das medidas que imos tomar para frear este cambio en Sanxenxo cambiamos os eucaliptos que se encontran no borde do litoral por bloques de ladrillo e cemento, pero claro as vistas a ría iso non ten prezo.
Empezáronse a desenvolver os SU1 e SU8 que están un a continuación do outro, entre os dous faranse o redor das 900 vivendas tanto colectivas como individuais. O máis grave de isto è que estes plans estan en primeira liña do mar e agora cando paremos no mirador da Granxa a contemplar a paisaxe vamos ver un urbanismo desaforado en vez de contemplar un paisaxe verde en consonancia co entorno, inda que as arbores fosen eucaliptos pois o menos axudaban a atraer a choiva que sitios onde obrar no concello inda hai sen ser en espazos que deberían gozar de algún tipo de protección.
* O SU 1 ten unha superficie de 102.050 m2 e ten un 0,506% de edificabilidade resultando 51.636m2 para construír cunha altura de B+2. 562 VIVENDAS
* O SU 8 ten unha superficie de 81.537m2 e ten un 0,50% de edificabilidade resultando 40.768m2 para construír cunha altura de B+2. 407 VIVENDAS
O Concello monetarizou o dez por cento do aproveitamento urbanístico do SU8 que lle pertencia e asi acadou para as arcas municipais un total de 3.248.765 euros que a día de hoxe non repercutiron nesta zona que segue tendo serios problemas cos servizos básicos.
Non debemos esquecer que un destes SU foi denunciado ante o TSXG por Salvemos Pontevedra e a día de hoxe inda non saeu a sentenza.
Que ben o decia René de Chateaubriand, un diplomático e escritor francés ala polo 1800: "Os bosques preceden as civilizacións, os desertos seguennas"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)